Chámanos !: 981.34.16.54 / 698.190.645
1.596 grazas!

1.596 grazas!

27 de maio de 2019.- O PSdeG-PSOE de Fene obtivo onte 1.596 votos o que lle dá catro representacións no Concello de Fene. O escrutinio das eleccións municipais deron seis concelleiros ao PP e outros seis ao BNG.

O PSdeG-PSOE, cos seus catro concelleiros, sobe con respecto aos anteriores comicios, pasando de tres a catro, o que dá alas aos socialistas para seguir avanzando de cara ás próximas convocatorias electorais. Así o destacou onte á noite Mar Piñeiro, que lidera a listaxe socialista ao Concello de Fene, nunha comparencia ante os militantes e simpatizantes. Ademais de felicitar aos seus compañeiros polo traballo realizado, animou a seguir nesa liña para mellorar Fene nestes próximos anos e alcanzar a Alcaldía no seguinte mandato. Piñeiro agradeceu expresamente aos 1.596 votantes que decidiron que o proxecto socialista era o mellor para Fene.

Cerrar menú