Chámanos !: 981.34.16.54 / 698.190.645
Fene acolle con entusiasmo a ilusionante e renovadora candidatura socialista de Mar Piñeiro

Fene acolle con entusiasmo a ilusionante e renovadora candidatura socialista de Mar Piñeiro

24 de maio de 2019.- A sede do PSdeG-PSOE de Fene, na Avenida Naturais 41-43, entrechán, está a recibir numerosas chamadas de veciños solicitando papeletas da candidatura que lidera Mar Piñeiro, o que dá conta da excelente aceptación que a proposta socialista tivo entre os veciños e veciñas de Fene. A isto únese a extraordinaria resposta da veciñanza que ten a páxina web  www.psoefene.es como referencia, con máis de 2.000 usuarios únicos e preto de 20.000 páxinas vistas.

Ademais do reparto persoal casa por casa da información da ilusionante candidatura socialista, os feneses e fenesas tamén recibiron vía postal unha carta persoal de Mar Piñeiro animando a participar nestes comicios “especialmente importantes”, porque os representantes locais “son as persoas cercanas que coñecen os problemas cotiáns presentes en cada unha das parroquias”, explica Mar Piñeiro na súa carta.

“Xuntos e xuntas imos mellorar a calidade de vida en Fene!

Así o entendemos os/as socialistas e por iso presentamos unha candidatura integrada por persoas con capacidade para levar a cabo o cambio político que Fene necesita.

Preséntome a estas eleccións coa ilusión de liderar un novo goberno municipal con obxectivos reais. Un goberno local aberto ao diálogo e, sobre todo, transparente.

O vindeiro 26 de maio pido a túa confianza e o teu voto para facelo posible”.

#VotaMarPiñeiro
#VotaPSOE

Cerrar menú