Chámanos !: 981.34.16.54 / 698.190.645
Mar Piñeiro defende o seu compromiso coa veciñanza de Fene no debate de candidaturas á Alcaldía

Mar Piñeiro defende o seu compromiso coa veciñanza de Fene no debate de candidaturas á Alcaldía

Fene, 22 de maio de 2019.- O Salón de Plenos do Concello de Fene acolleu na tarde de onte un debate no que participaron todos os candidatos das próximas eleccións municipais. Mar Piñeiro, candidata polo PSdG-PSOE, defendeu nas súas intervencións o seu compromiso coa veciñanza fenesa. “Non vou prometer nada, voume comprometer cos vecinos e veciñas de Fene”, confesou explicando que o seu programa electoral está “recollido nunha libreta na que fun apuntando todas as suxestións que me fixeron chegar os vecinos e veciñas nas múltiples reunións que tiven con eles”.

Nun ton claro, directo e propositivo, en contraste do empregado polo resto de candidaturas, a representante socialista avanzou con ilusión algún dos aspectos nos que quere traballar xunto co seu equipo cando chegue á Alcaldía de Fene e que resumiu en que “o noso obxectivo é mellorar a calidade de vida dos feneses e das fenesas”. “É a nosa máxima prioridade”, insistiu, explicando que unha das súas primeiras actuacións será axilizar a atención das emerxencias sociais. “Ningún veciño pode quedar fóra porque non poida cubrir as súas necesidades básicas”, manifestou.

No tempo que lle correspondeu no debate, moderado por Henrique Sanfiz de Radio Fene, emisora que retransmitiu en directo o coloquio, Mar Piñeiro apuntou algún dos proxectos do seu plan de traballo como alcaldesa. Mellorar a empregabilidade da veciñanza, axilizar os trámites administrativos, facer un Concello máis participativo e especial atención aos maiores e aos seus coidadores son algunas das moitas propostas que presentou ante un abarrotado salón de plenos.

Cerrar menú