Chámanos !: 981.34.16.54 / 698.190.645
Mar Piñeiro inicia a campaña coa tradicional pegada de carteis
Pegada Cartel Inicio Campaña PSOE FENE

Mar Piñeiro inicia a campaña coa tradicional pegada de carteis

10 de maio de 2019.- A candidata socialista á Alcaldía de Fene, Mar Piñeiro, comezou esta madrugada coa tradicional pegada de carteis que dá inicio á campaña electoral municipal do vindeiro 26 de maio.

A socialista elixiu o panel situado na avenida Naturais, nas inmediacións da Casa do Pobo, para pegar os primeiros carteis co lema “O Fene que queres”. Arroupada polo resto das persoas que conforman a listaxe do PSdG-PSOE, a candidata pide o voto para unha proposta de programa con políticas de esquerda pensadas para as persoas. Piñeiro avoga por facer “promesas realistas que se poidan cumprir baseadas nos servizos públicos”.

Cerrar menú