Chámanos !: 981.34.16.54 / 698.190.645
O PSOE gaña en todas as mesas de Fene

O PSOE gaña en todas as mesas de Fene

Co 100% dos votos escrutados no Concello de Fene, o PSOE gañou en todas as mesas. Obtivo un total de 2.720 votos, o 33,71% das papeletas dos vecinos e veciñas de Fene, máis de trece puntos porcentuais con respecto ao seguinte partido en número de votos.

Dunha primeira análise comparativa dos resultados coas Xerais de 2015 pódense sacar varias conclusións. Ademais do espectacular incremento do socialismo en Fene, sobe un 13,75% de porcentaxe de voto con 1.081 papeletas, destacan as baixadas do Partido Popular e de Podemos. O PP descende 707 votos, un 8,30%; e Podemos baixa 1.021 votos, un 12,08%. Pola súa banda, o partido nacionalista BNG estáncase logrando só o 1,17% de aumento de votos, 83 papeletas máis. Sobe lixeiramente Ciudadanos, 151 votos, un 2% máis, e entra no escenario político Vox, con 281 votos, o que supón o 3,48€ de papeletas.

Pedro Sánchez resultou o gañador dunha cita histórica que coloca ao partido socialista como o partido dominante de novo en España despois de once anos; con 7,4 millóns de votantes, dous millóns máis que en 2016. A lectura dos resultados subliñan unha debacle sen precedentes para o Partido Popular, que se desploma desde os 135 escanos dos anteriores comicios aos 66 destes.

“Hemos hecho que pase: el PSOE ha ganado las elecciones y con ello ha ganado el futuro y ha perdido el pasado”, declarou o secretario Xeral do PSOE e presidente do Goberno de España en funcións.

No Senado a victoria foi aínda maior, acadando o PSOE a maioría absoluta. Cunha victoria cualificada polos analistas políticos como de “milagro socialista”, o PSOE lidera o rexurdir da esquerda na Unión Europea.

Cerrar menú