Chámanos !: 981.34.16.54 / 698.190.645
Ofrenda floral a Pablo Iglesias no Día do Traballo

Ofrenda floral a Pablo Iglesias no Día do Traballo

O primeiro de maio ten un marcado carácter reivindicativo por parte das centrais sindicais e este, despois da resaca electoral das eleccións xerais non podía ser menos. Os actos en demanda de mellores condicións de traballo comezaron en Ferrol coa Ofrenda Floral ante o monolito de Pablo Iglesias, fundador do PSOE e da UGT, nun evento organizado por estas organizacións da esquerda.

O socialismo fenés, encabezado polo seu secretario Xeral, Carlos Romero sumouse tanto á homenaxe ao fundador do socialismo en España como á manifestación reivindicativa dos traballadores que tivo lugar despois polas rúas de Ferrol. Acudiu tamén a candidata á Alcaldía de Fene, Mar Piñeiro, e membros do seu equipo.

Baixo o lema da central sindical UGT “primeiro as persoas” coincidiron todos os participantes en defender os intereses da clase traballadora.

Cerrar menú