Chámanos !: 981.34.16.54 / 698.190.645
Victoria socialista histórica

Victoria socialista histórica

O PSOE gañou con rotundidade as pasadas eleccións xerais do 28 de maio con 123 escanos e o 28,7% dos votos. O PP baixou a 66 escanos e 16,69% dos votos; Ciudadanos obtivo o 15,84% dos votos o que lle dá 57 escanos; Unidas Podemos baixou a 42 escanos co 14,31% dos votos e Vox entra no Parlamento con 24 escanos, o 10,26% dos votos.

Pedro Sánchez resultou o gañador dunha cita histórica que coloca ao partido socialista como o partido dominante de novo en España despois de once anos; con 7,4 millóns de votantes, dous millóns máis que en 2016. A lectura dos resultados subliñan unha debacle sen precedentes para o Partido Popular, que se desploma desde os 135 escanos dos anteriores comicios aos 66 destes.

“Hemos hecho que pase: el PSOE ha ganado las elecciones y con ello ha ganado el futuro y ha perdido el pasado”, declarou o secretario Xeral do PSOE e presidente do Goberno de España en funcións.

No Senado a victoria foi aínda maior, acadando o PSOE a maioría absoluta. Cunha victoria cualificada polos analistas políticos como de “milagro socialista”, o PSOE lidera o rexurdir da esquerda na Unión Europea.

Cerrar menú