O Partido Socialista fundouse clandestinamente en Madrid, o 2 de maio de 1879 por iniciativa dun grupo de intelectuais e obreiros, fundamentalmente tipógrafos encabezados polo ferrolán Pablo Iglesias Posse. O 20 de xullo dese mesmo ano aprobouse nunha Asemblea de corenta persoas o primeiro programa do novo partido.

O PSOE foi un dos primeiros partidos socialistas que se fundaron en Europa, como expresión das inquedanzas das novas clases traballadoras nacidas da revolución industrial. Ao longo destes anos foi evolucionando cos cambios históricos, pero sempre coa defensa dos grandes ideais do socialismo.

A Agrupación Socialista de Fene constituíse como tal en 1978, sendo o seu presidente actual, Manuel Allegue, un dos afiliados máis antigos de toda a comarca.

Primer Logo PSOE
Logo PSdeG
Logo PSOE Actual