01_ Julio Santos Rodríguez
- Militante desde o inicio da creación da agrupación socialista de Fene.
- Concelleiro de Fene nas primeiras eleccións democráticas de 1979 a 1983.
- Traballou no estaleiro ASTANO onde entrou de aprendiz con 15 anos.
- Compaxinou o traballo de torneiro co de mergullador profesional na empresa “Virgen del Carmen” creada por el mesmo.
- Ao deixar ASTANO tivo varias iniciativas como a de “Pan Neda” con instalacións en Avda. Naturais, 12 tamén creo a “Cafetería Sanbell” na mesma Avda. Naturais, 7.
- Promoveu a creación da “Cooperativa de transporte VIEIRO” con sede na parroquia de San Valentín na que foi o seu primeiro presidente, exercendo este cargo durante os 12 primeiros anos.
- Foi tamén por un tempo presidente do CMI Unidade de Fene.
- Promoveu a cooperativa “O labrego de Fene” na que foi o seu primeiro presidente.