En este momento estás viendo Besteiro reúne en Fene a representantes socialistas de Ferrolterra para abordar os principais retos de Galicia

Besteiro reúne en Fene a representantes socialistas de Ferrolterra para abordar os principais retos de Galicia

  • Autor de la entrada:
  • Categoría de la entrada:Novas

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, presidiu onte unha reunión comarcal na sede da Agrupación Socialista de Fene, na que participaron representantes socialistas de distintos concellos de Ferrolterra.

No encontro estiveron presentes a secretaria xeral da Agrupación Socialista de Fene, María Ares; o presidente da Deputación da Coruña e alcalde das Pontes, Valentín González Formoso; os deputados do Parlamento galego Aitor Bouza e Silvia Longueira; o secretario provincial do PSdeG e alcalde de Pontedeume, Bernardo Fernández, e representantes socialistas de Neda, Narón, Valdoviño, Ferrol, Mugardos, Cabanas, Pontedeume e Fene.

Durante a reunión, Besteiro analizou algúns dos principais asuntos da actualidade política galega e das liñas de traballo do PSdeG, con especial atención ao novo acordo sobre a lingua galega, a atención á dependencia, a situación da sanidade pública, o transporte público e as infraestruturas.

O encontro serviu tamén para compartir experiencias e analizar a situación política nos ámbitos municipal, galego e estatal, así como para intercambiar impresións sobre os principais retos dos concellos da comarca.

A reunión concluíu coa vontade compartida de seguir reforzando o traballo político e a coordinación entre as agrupacións socialistas de Ferrolterra, coa vista posta nas próximas eleccións municipais e no desenvolvemento de propostas que contribúan a mellorar a calidade de vida da cidadanía.