En este momento estás viendo O PSOE de Fene reclama o arranxo integral da pasarela de madeira do paseo marítimo de San Valentín

O PSOE de Fene reclama o arranxo integral da pasarela de madeira do paseo marítimo de San Valentín

  • Autor de la entrada:
  • Categoría de la entrada:Novas

O Grupo Municipal Socialista reclamou no pleno do mes de xullo ao goberno municipal de BNG e EU que arranxe de forma integral e urxente a pasarela de madeira do paseo marítimo de San Valentín.

O PSOE de Fene leva tempo reclamando unha actuación integral e considera insuficiente a simple substitución dalgunhas táboas tal e como está a facer o BNG actualmente. Esta infraestrutura presenta táboas e varandas en mal estado, abundante maleza que invade o paso, muros de contención desprazados, lixo acumulado e zonas valadas, o que provoca unha evidente situación de inseguridade, polo que reclamaron unha reforma completa da pasarela antes de que se produza un accidente.

Transporte ao cemiterio municipal

O Grupo Socialista tamén volveu pedir a recuperación do servizo de transporte ao cemiterio municipal desde Fene e Perlío. Segundo trasladan numerosos veciños, a supresión deste servizo deixou sen alternativa a persoas maiores e con dificultades de mobilidade que acudían semanalmente ao camposanto e que agora non dispoñen de vehículo para facelo.

Por este motivo, solicitaron ao goberno municipal que reconsidere a decisión e repoña un servizo que consideran necesario para garantir a igualdade de acceso ao cemiterio municipal.