Fene, novembro de 2022.- O secretario Xeral da Agrupación Socialista de Fene, Joaquín Ayala, e parte da súa Executiva mantiveron unha xuntanza coa directiva de Agarimo.
As entidades sociais son a base do Concello, como remarcaron en Agarimo, que se queixaron do pouco apoio que teñen por parte do goberno local.
Nun ambiente distendido a reunión resultou moi frutífera, cun interesante intercambio de opinión e ideas.
A Comisión Executiva da Agrupación Socialista de Fene inicia con esta una rolda de contactos coas entidades asociativas e veciñais para coñecer as súas inquedanzas e achegarse ás necesidades dos vecinos e veciñas.