En este momento estás viendo O candidato socialistas de Fene, Joaquín Ayala, participou na reunión convocada pola Agrupación de Urbanismo
Casino de Perlío

O candidato socialistas de Fene, Joaquín Ayala, participou na reunión convocada pola Agrupación de Urbanismo

  • Autor de la entrada:
  • Categoría de la entrada:Novas

A Agrupación Veciñal de Urbanismo do Concello de Fene convocou unha xuntanza con todos os candidatos á Alcaldía para debater sobre o Plan Xeral de Urbanismo do concello. Acudiron todos os cabeza de lista, salvo polo BNG, que mandou unha representación.

 Á reunión, que tivo lugar no Casino de Perlío, acudiron numerosos veciños e veciñas con gañas de oír o que tiñan que dicir os candidatos sobre un tema tan candente neste concello. O candidato socialista Joaquín Ayala, asegurou en público o que xa expresara á Agrupación nunha xuntanza previa, que o PXOM é o principal freo para o crecemento do pobo e comprometeu todo o seu apoio para unha revisión total do Plan.