O Grupo Municipal Socialista insta ao goberno de Fene a que resolva o problema da falta de aparcamentos existente na Avenida Naturais e rúas confluentes.
Facéndose eco das demandas dos veciños da zona e dos comerciantes, os SOCIALISTAS de Fene presentaron no Pleno Municipal do mes de maio unha Moción, aprobada por unanimidade, reclamando ao grupo de goberno de BNG e EU unha solución ante a carencia de espazos para estacionar os vehículos nesta vía tan transitada.
O Grupo Municipal do PSOE propón como alternativas o regulamento do aparcamentos en superficie así como a construción dun aparcadoiro disuasorio nas inmediacións, entre outras medidas.