Atención á veciñanza do Grupo Socialista na Casa do Concello

  • Autor de la entrada:
  • Categoría de la entrada:Novas

O Grupo Municipal Socialista de Fene atenderá aos veciños e veciñas que así o queiran no local que o PSOE ten na Casa do Concello. Situado no terceiro andar, estarán á disposición da veciñanza os luns, mércores, xoves e venres en horario de 11:30 a 13:30 horas.

Así mesmo poñen á disposición dos veciños e veciñas de Fene o seguinte número de teléfono no que se atenderán as demandas e consultas. Teléfono: 604 049 914

Se tes algunha petición ao Concello, unha consulta ou queres trasladar a túa opinión sobre algún tema municipal, o Grupo Municipal Socialista está á túa disposición para axudarche, tanto de forma presencial no local na Casa do Concello, como a través do teléfono.

Contacta co PSOE!