Na documentación que se envía para os Plenos municipais, o Grupo Socialista detectou a existencia de varias facturas duplicadas. No Pleno instou a que se investigase o caso. Froito do desvelo do PSOE descubriuse que durante varios anos, o Concello abonou varios miles de euros de máis debido á duplicación de facturas da empresa Naturgy.
Por outro lado, seguimos á espera de que o goberno do BNG e EU presente a proposta de orzamentos para 2024. Segundo a liquidación do ano pasado, o orzamento de 2024 contará cuns 1,5 millóns de euros menos debido ao déficit de 2023.