En este momento estás viendo O candidato socialista á alcaldía de Fene, Joaquín Ayala, reúnese coa Agrupación Veciñal de Urbanismo
Agrupación Veciñal de Urbanismo

O candidato socialista á alcaldía de Fene, Joaquín Ayala, reúnese coa Agrupación Veciñal de Urbanismo

  • Autor de la entrada:
  • Categoría de la entrada:Novas

Joaquín Ayala, candidato socialista á alcaldía do Concello de Fene, mantivo unha xuntanza con varios integrantes da Agrupación Veciñal de Urbanismo do Concello de Fene, á que asistiron ademais membros da Executiva local do PSdeG-PSOE, María Ares, Rosa Romero e José Rico.

A Agrupación Veciñal trasladou a súa queixa sobre o actual Plan Xeral de Urbanismo de Fene que, aseguran, está a impedir o desenvolvemento do concello. Ayala coincidiu en que o PXOM é o principal freo para o crecemento do pobo e comprometeu todo o seu apoio para unha revisión total do Plan.