O Hotel Valcarce Ferrol acollerá o vindeiro 6 de maio, ás 12:00 horas a presentación das candidaturas socialistas na comarca de Ferrolterra, entre as que está a de Joaquín Ayala, candidato socialista no Concello de Fene.
Intervirá o secretario Xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, e o secretario Xeral do PSdeG-Provincial da Coruña, Bernardo Fernández Piñeiro.
O acto de presentación, que terá lugar no hotel do Polígono Río do Pozo, é aberto a todos os interesados.