Fene, outubro de 2022.- O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, realizou unha visita institucional ao Concello de Fene, onde mantivo unha reunión coa corporación municipal.
O delegado do Goberno anunciou melloras para a dixitalización de 121 puntos do Concello que permitirán que sobre 1.300 vivendas e empresas teñan a posibilidade dunha conexión de alta velocidade, grazas ao programa UNICO do Ministerio de Asuntos Económicos e transformación Dixital.
Logo do acto oficial, Miñones reuniuse con varias concelleiras do PSOE de Fene.