Fene, outubro de 2022.- O grupo municipal socialista presentou no Pleno do Concello de Fene unha moción para reservar dúas prazas de aparcadoiro, unha delas para persoas discapacitadas, para usuarios das farmacias. Estas prazas poderán usarse por un tempo limitado para favorecer a rotación de vehículos e aumentar o número de persoas beneficiarias.
Esta medida favorecerá sobre todo ás persoas máis vulnerables. Foi aprobada cos votos a favor de PSOE e PP e abstención do BNG e EU.