Fene, outubro de 2022.- O antigo Hospicio de Ferrol acolleu un encontro da militancia coa secretaria de Xustiza, Relacións Institucionais e Función Pública da CEF-PSOE, Llanos Castellanos. Presentada polo alcalde de Ferrol, Ángel Mato, e coa intervención do secretario Provincial e alcalde de Pontedeme, Bernardo Fernández, numerosos militantes de Ferrol e comarca escoitaron o encendido discurso de Castellanos.
Animando aos presentes a desmontar as mentiras verquidas pola oposición, Castellanos puntualizou moitos dos temas candentes, lembrando os éxitos do partido socialista.
O secretario Xeral do PSOE de Fene, Joaquín Ayala, asistiu ao encontro ademais doutros compañeiros e compañeiras.