En este momento estás viendo Socialistas feneses na Festa do Socialismo Galego en Oroso

Socialistas feneses na Festa do Socialismo Galego en Oroso

  • Autor de la entrada:
  • Categoría de la entrada:Novas

Fene,  outubro de 2022.- Máis de tres mil militantes procedentes de toda Galicia reuníronse en Oroso na Festa dos Socialistas de Galicia. Desde a Agrupación Socialista de Fene acudiu una nutrida representación encabezada polo seu secretario Xeral, Joaquín Ayala, e outros compañeiros e compañeiras.

Na festa participou a ministra de Educación, Pilar Alegría, que asegurou sentirse “afortunadísima de estar en esta fiesta de los socialistas gallegos”. Tamén tomou a palabra o secretario Xeral do PSdG-PSOE, Valentín González Formoso, quen declarou que “máis da metade da poboación de Galicia está xestionada por alcaldes e alcaldesas do PSOE e traballaremos por medrar esa cifra nas próximas municipais”.

Segundo os datos aportados en Galicia hai mil concelleiros do Partido, con 110 Concellos, que supoñen a metade da poboación da Comunidade Autónoma, xestionados por alcaldes e alcaldesas socialistas.

A reunión socialista contou coa actuación de Carlos Blanco quen dedicou o seu monólogo a Pedro Zerolo polo impulso que deu aos dereitos LGTBI. Cunha actuación musical rematou un estupendo día de festa.