En este momento estás viendo O Grupo Municipal Socialista apoia a urxente reparación do IES de Fene demandada pola ANPA e a directiva do propio centro

O Grupo Municipal Socialista apoia a urxente reparación do IES de Fene demandada pola ANPA e a directiva do propio centro

  • Autor de la entrada:
  • Categoría de la entrada:Novas

O deputado socialista Aitor Bouza, a voceira do PSOE en Fene, María Ares, e a concelleira Rosa Romero reuníronse coa dirección do IES de Fene e representantes da ANPA O Pazo do centro para coñecer as numerosas deficiencias que presenta este centro ante a pasividade da Xunta de Galicia.

O PSdeG-PSOE elevará ao Parlamento galego, a través do seu deputado Aitor Bouza, as reclamacións da ANPA, que piden a rehabilitación do centro educativo. As demandas de Bouza plasmáronse nunha batería de iniciativas nas que insta á Xunta a que realice una avaliación técnica integral, que se incorpore con carácter inmediato una partida orzamentaria para acometer as obras necesarias e que se escoite á comunidade educativa.

Para a voceira socialista no Concello de Fene, María Ares, o estado das instalacións “é impropio dun centro educativo do século XXI”, e lembrou que as denuncias da ANPA e do centro poñen de manifiesto problemas de seguridade, accesibilidade e conservación, “que a Xunta non pode seguir ignorando”.

A edila socialista considera que o alumnado, o profesorado e as familias merecen “unhas instalacións dignas e seguras e en condicións adecuadas porque a educación pública tamén se defende investindo nos seus centros”.