O Grupo Municipal Socialista propuxo no pleno de abril que se acondicionasen os aparcadoiros que o goberno municipal de BNG e EU dispuxeron en Fene e Perlío, máis propios dunha “leira-parking” que dun núcleo urbano.
Ademais de dotar ao chan dun material estable que non se vaia co vento ou coa choiva, pediuse que adecentase e os convertese en aparcadoiros dignos dun núcleo urbano.