Este venres o candidato socialista á Alcaldía do Concello de Fene, Joaquín Ayala, e outros membros da candidatura mantiveron unha reunión con membros da directiva da Asociación de Veciños de Perlío para coñecer de preto as inquedanzas deste colectivo.
A Asociación, que conta con 350 socios, lamentou o desleixo do Concello no mantemento do local social así como a inseguridade dos nenos que xogan nas inmediacións, moi preto da estrada.