A ministra e portavoz do Goberno de España, Isabel Rodríguez, arroupou este sábado, 6 de maio, a presentación dos candidatos socialistas a Alcaldía dos concellos de Ferrol e comarca, entre os que estaba o candidato de Fene, Joaquín Ayala.
Ao acto asistiu o secretario Xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, e o secretario Xeral Provincial, Bernardo Piñeiro. Formoso reivindicou a forza municipal dunha bisbarra na que os socialistas gobernan en gran parte dos 21 concellos que a conforman e apuntou como obxectivo ampliar estas cifras conseguindo as alcaldías de San Sadurniño, Fene, Mugardos e Narón.
Como vén sendo habitual, o acto contou cunha nutrida representación de militantes e simpatizantes feneses.