O candidato socialista á Alcaldía fenesa, Joaquín Ayala, recibe mañá, martes, 9 de maio, en Fene a José Ramón Gómez Besteiro, actual Delegado do Goberno en Galicia, que acude á localidade fenesa como militante do Partido Socialista.
Ayala terá a oportunidade de explicarlle algunhas das necesidades do Concello de Fene, como a ampliación do centro de saúde, punto no que comezará a visita ás 16:30 horas. Ademais poderá informalo da problemática existente con respecto ao Plan Xeral de Urbanismo, que constrinxe o crecemento do pobo, e do problema das inundacións que provoca o río Cádavo ao seu paso por Perlío.
Despois dun percorrido polo pobo, Gómez Besteiro manterá un encontro coa militancia fenesa no local da Agrupación.