En este momento estás viendo Primeiro día de traballo do grupo municipal socialista de Fene
María Ares, Eloy Rico e Joaquín Ayala

Primeiro día de traballo do grupo municipal socialista de Fene

  • Autor de la entrada:
  • Categoría de la entrada:Novas

O grupo municipal socialista do Concello de Fene, Joaquín Ayala, María Ares e Eloy Rico, visitou o Concello o pasado día 19 de xuño, primeiro día laborable do mandato. Os socialistas percorreron as instalación municipais presentándose aos funcionarios municipais para coñecer o seu traballo e abrir canles de diálogo para estes próximos catro anos.

No despacho do alcalde fixéronse unha foto co cadro de quen foi o primeiro alcalde socialista en Fene, Ramón Souto, represaliado en 1936.