Os concelleiros socialistas María Ares e Eloy Rico asistiron ao acto de entrega dos Premios Curuxa que organiza o Museo do Humor de Fene. Adrián Dopico abre a galería de feneses que acadan este premio.
Os debuxantes Adrián Dopico López (Premio Curuxa 2024), Lucas Sixto Carballeira (Premio Curuxa Nova 2024) e Iván Mata Tamayo (1º premio na categoría Caricatura) recibiron nun acto na Casa da Cultura os diplomas que os acreditan como gañadores XXVIII concurso de humor gráfico e caricatura Curuxa do Humor.
Ademais, Adrián Dopico López é a primeira persoa residente en Fene en recibir este premio, abrindo así a galería de honra fenesa no Museo de Humor.
O evento comezou coa apertura da exposición que se pode visitar nas instalacións da Casa da Cultura, para a continuación facer entrega dos premios. O acto rematou co monólogo do humorista Pepo Suevos nun salón ateigado de feneses e fenesas. Os premiados asinaron ademais no Libro de Honra do Museo do Humor.
Foto: desde a esquerda, Eloy Rico, María Ares, Iván Mata, Adrián Dopico, Lucas Sixto, Juventino Trigo e Justo Ardá