En este momento estás viendo Correos dedica un selo especial á obra de arte urbana “A violonchelista de Fene”, premiada como Mellor Mural do Mundo en 2023 ante a desidia do goberno de BNG e EU
Perla Mural Fest

Correos dedica un selo especial á obra de arte urbana “A violonchelista de Fene”, premiada como Mellor Mural do Mundo en 2023 ante a desidia do goberno de BNG e EU

  • Autor de la entrada:
  • Categoría de la entrada:Novas

Correos porá á venda proximamente un selo especial dedicado á arte urbana en homenaxe á obra de SFHIR, premiada como Mellor mural do Mundo pola plataforma Street Art Cities, “A violonchelista de Fene” situada na Avenida da Fraga de Fene, mentras que o goberno municipal de BNG e EU incumpre o acordo tomado no pleno de maio deste ano de poñer en valor este e outros murais realizados no termo municipal, e nin sequera é capaz de poñer un cartel explicativo na obra premiada que está a recibir numerosas visitas de turistas atraídos pola fama deste mural.

A proposta do PSOE de Fene, a Corporación municipal aprobou cos votos a favor de PSOE, PP e BNG e a abstención de EU, unha moción na que se instaba ao goberno local a poñer en valor a cultura urbana e os murais como expresión artística e turística do Concello.

Entre outros puntos aprobouse a colocación de carteis explicativos en cada mural realizado polo organizador do Festival Perla Mural Fest, así como o desenvolvemento dunha ruta turística muralista. Non obstante, o goberno de BNG e EU non realizou nada do aprobado.

Na edición deste ano do festival Perla Mural Fest, a segunda, outro mural, “O Charanguista Andino” de Cristóbal Persona foi elixido como o segundo mellor mural do mundo do mes de setembro e opta a competir polo título de Mellor Mural do Mundo 2024.