En este momento estás viendo O PSdG organiza en Ferrol unha xornada sobre os retos e oportunidades da transición ecolóxica

O PSdG organiza en Ferrol unha xornada sobre os retos e oportunidades da transición ecolóxica

  • Autor de la entrada:
  • Categoría de la entrada:Novas

O PSdG e o Grupo de Alianza Progresista Socialistas e Demócratas no Parlamento Europeo organizaron o pasado 26 de outubro en Ferrol a xornada “Transición ecolóxica, retos e oportunidades para Galicia e Europa”, á que asistiron os membros do grupo municipal socialista de Fene Eloy Rico e María Ares.

A xornada comezou coa intervención de Ángel Mato, secretario de Transición Enerxética e Planificación Industrial do PSdG-PSOE, quen deu paso ao director Xeral do IDEA, Joan Groizard.

A continuación desenvolveuse a mesa redonda sobre transición enerxética coas intervencións de Nicolás González Casares, eurodeputado do S&D; e representantes de ANPIER, da Asociación Eólica de Galicia, Forestal del Atlántico e do Foro Fieito, moderadas pola xornalista de La Voz de Galicia, Bea Couce.

Logo deste debate, tivo lugar outra mesa redonda sobre os retos e as oportunidades das políticas climáticas coa participación de Patricia Iglesias, voceira de Industria do Grupo Socialista no Parlamento de Galicia, así como con representantes da Fundación Renovables, UGT-FICA Vigo; Greenpeace Galicia, e de Iberdrola, moderados polo xornalista de Faro de Vigo, Julio Pérez.

O secretario Xeral do PSdG, José Ramón Gómez Besteiro, clausurou a xornada.