En este momento estás viendo Delegadas e delegados da Agrupación Socialista de Fene asistiron ao 15º Congreso Nacional do PSdG-PSOE clausurado por Pedro Sánchez
Representación da Agrupación Socialista de Fene no Congreso Nacional Galego con José Ramón Besteiro e Julio Abalde

Delegadas e delegados da Agrupación Socialista de Fene asistiron ao 15º Congreso Nacional do PSdG-PSOE clausurado por Pedro Sánchez

  • Autor de la entrada:
  • Categoría de la entrada:Novas

A cidade de Santiago acolleu os días 8 e 9 de marzo o décimo quinto Congreso Nacional do PSdG-PSOE con representación de delegadas e delegados de toda Galicia. Por parte da Agrupación Socialista de Fene asistiron Joaquín Ayala, María Ares, Eloy Rico e Rosa Romero, acudiron tamén os militantes Amalia García Balado e Eloy Carbón. O congreso foi clausurado o domingo coa asistencia de Pedro Sánchez.

No Congreso proclamouse a José Ramón Gómez Besteiro como secretario Xeral dos socialistas galegos. Ademais, constituíronse diversas comisións de traballo que tiñan como finalidade elaborar o documento que servirá de folla de ruta do socialismo galegos para os vindeiros anos. Este documento político enfronta todos os retos actuais nos que se define como queremos os socialistas que sexa Galicia nos próximos anos.

Tamén neste congreso se elixiron a Comisión Executiva Nacional Galega, presidida por Carmela Silva; os representantes do Comité Nacional Galego, entre os que está o fenés Joaquín Ayala; a Comisión Nacional de Ética e a delegación do PSdG ao Comité Federal.

 

Na imaxe, desde a esquerda, Rosa Romero, Amalia García Balado, Eloy Carbón, Eloy Rico, María Ares, José Ramón Gómez Besteiro, Joaquín Ayala e Julio Abalde.

 

 

Pedro Sánchez clausurou o 15º Congreso Nacional Galego do PSdG