O voceiro do grupo municipal socialista de Fene, Joaquín Ayala, e o presidente da Deputación da Coruña, Valentin González Formoso, mantiveron o pasado día 2 de decembro unha reunión de traballo.
No encontro analizaron as diversas necesidades do concello de Fene e como podería axudar a entidade provincial. O voceiro socialista fenés trasladoulle ao presidente da Deputación diversas demandas da veciñanza de Fene ás que González Formoso respondeu asegurando, na medida das súas posibilidades o apoio da entidade provincial. O presidente da Deputación manifestou o seu compromiso con Fene e coa liña de traballo do grupo municipal de mellorar este concello.