En este momento estás viendo O PSOE demanda ao goberno local o aumento do orzamento das subvencións para entidades
Concello Fene

O PSOE demanda ao goberno local o aumento do orzamento das subvencións para entidades

  • Autor de la entrada:
  • Categoría de la entrada:Novas

A proposta de revisión das partidas do Grupo Socialista de Fene foi rexeitada cos votos en contra do BNG e EU e a abstención do PP

O Grupo Municipal Socialista considera moi importante o apoio ás entidades veciñais e asociativas que están a desenvolver un traballo de dinamización cultural, deportiva ou económica e contribúen ao fortalecemento da comunidade. Por iso, presentamos no pasado pleno extraordinario de maio unha emenda para que se aumente o orzamento destinado ás subvencións ás entidades. Conscientes de que non se pode asumir a suba de todas as entidades, a proposta do Grupo Municipal do PSOE de Fene era aumentar algunhas das subvencións entendendo que son entidades singulares, de recoñecido prestixio e beneficio para a o sociedade fenesa que merecen ser apoiadas cos fondos públicos de todos os feneses e fenesas, sen que isto supoña demérito de ningunha outra.

A proposta socialista foi rexeitada cos votos en contra do BNG e EU e a abstención do PP. O goberno local xustificou o seu rexeitamento en que estaba xa falado e acordado coas entidades o importe das subvencións.

A nosa proposta:

Confraría Santiago Apóstol de Barallobre. Especial atención merece una entidade do sector primario como esta, pilar fundamental da economía local, que dá emprego a máis dun centenar de persoas e exporta o seu produto, cunha excelente calidade recoñecida, en todo o Estado así como fóra de España. Ademais promoven prácticas de pesca responsable e unha educación baseada no respecto ao medio ambiente.

Asociación Perla Mural Fest. Fene conseguiu ser noticia en medios de todo o mundo porque un dos murais da Asociación Perla Mural Fest acadou o Premio ao Mellor Mural do Mundo. Se un fai unha busca en Internet poñendo “La violonchelista de Fene” o nome do mural premiado aparecen máis de 5.000 resultados nos que se menciona o premio e o nome de Fene ben destacado. Entre eses resultados, Antena 3, El Español, 20 Minutos, Telediarios de TVE, La Sexta, Euronews, Público, La Vanguardia, Tele 5, etc, etc, ademais doutros medios locais, autonómicos, nacionais e internacionais, como “Los periodistas” de México ou a web de viaxes de National Geographic. Un impacto mediático que puxo o nome de Fene no mapa do mundo valorado en millóns de euros. Nunca un investimento tan pequeno realizado por este Concello tivo maior retorno.

CMI Unidade de Fene. Convocante do Premio Poeta Parallé, ten un recoñecemento a nivel nacional que pon o nome de Fene en todos os círculos culturais nacionais.

ASPANEPS. É unha entidade sen ánimo de lucro, realiza un labor formativo e educativo esencial pois se ocupa de persoas adultas con discapacidade intelectual e/ou do desenvolvemento que, sen esta entidade, seguramente estarían excluídas do sistema. Toda axuda que reciban sería pouca e consideramos que se debería incrementar.

Pedimos ao goberno local que nos indicasen os criterios seguidos para a concesión de axudas pero non obtivemos resposta.

Na seguinte táboa aparecen as subvencións do goberno de BNG e EU deste ano e a comparación co pasado. En negriña as que suben con respecto ao 2023.

Axudas