En este momento estás viendo O subsecretario de Educación, FP e Deportes, Santiago Roura, asistiu á Festa Mariñeira da Confraría de Barallobre

O subsecretario de Educación, FP e Deportes, Santiago Roura, asistiu á Festa Mariñeira da Confraría de Barallobre

  • Autor de la entrada:
  • Categoría de la entrada:Novas

O peirao de Barallobre acolleu a pasada fin de semana a Festa Mariñeira organizada pola Confraría de Barallobre na que se celebrou ademais o centenario da entidade marisqueira.

Nunha carpa con capacidade para 1.500 comensais, a Confraría organizou durante dous días diversas actividades lúdicas e gastronómicas para, unha vez máis, dar a coñecer os produtos da ría que comercializan desde Barallobre de forma nacional e internacional.

Entre outros actos, o sábado tivo lugar un emotivo recordo e homenaxe aos cen anos de historia da Confraría. Neste acto estivo presente como un asistente máis, o Subsecretario de Educación, Formación Profesional e Deportes do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes, o socialista Santiago Roura.

Santiago Roura é Profesor Titular de Dereito Constitucional na Universidade da Coruña (en servizos especiais) e con anterioridade desempeñou os cargos de Coordinador Xeneral Municipal do Concello da Coruña (2019-2022) e de Director Xeral de Xustiza e de Secretario Xeral da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia (2005-2009)

No ámbito académico, é autor de traballos en diversos campos da súa disciplina. Impartiu cursos e conferencias e participado en actividades de formación en Universidades e Centros de Formación de distintos países. Foi coordinador do Grupo de Investigación D3_Democracia e Dereitos na Contorna Dixital e, durante 6 anos, director do Departamento de Dereito Público da UDC. No marco da Universidade foi responsable, tanto de rama de coñecemento como de coordinación, dos procesos de verificación, modificación e renovación da acreditación de Títulos Universitarios de Grao e Posgrao na Dirección de Avaliación e Acreditación da Axencia Andaluza do Coñecemento. É membro da Asociación de Constitucionalistas de España, principal entidade que agrupa aos académicos do Dereito Constitucional no noso país.

 

Foto: Santiago Roura coa concelleira socialista de Fene, María Ares, na Festa Mariñeira en Barallobre