O Grupo Municipal Socialista de Fene vén de sufrir cambios na súa composición logo de que o voceiro municipal, Joaquín Ayala, anunciase a súa xubilación. De tal forma que a concelleira María Ares, que estaba exercendo como vicevoceira pasou a ser voceira municipal, e incorpórase ao Grupo Rosa Romero. As dúas socialistas, xunto con Eloy Rico, compoñen o Grupo Municipal do PSOE en Fene.
Os socialistas reafirman o seu compromiso de seguir traballando desde a oposición con responsabilidade, ilusión e dedicación para mellorar a vida dos veciños e veciñas de Fene.
No que vai de mandato, o PSOE conseguiu sacar adiante no Pleno tres iniciativas de especial relevancia para o municipio, ademais de numerosas obras de importancia: a posta en valor do Perla Mural Fest mediante a creación dunha ruta turística dos murais; a procura de solucións ao problema de aparcamento na Avenida Naturais; e a creación dun Centro de Información á Muller, así como a adhesión de Fene ao sistema VioGén de loita contra a violencia de xénero. Na provincia coruñesa hai máis de 2.600 mulleres vítimas de violencia de xénero.
Non obstante, desde o Grupo Municipal Socialista lamentan que, pese a ser aprobadas pola Corporación, o goberno local de BNG e EU continúe sen executar estas medidas, incumprindo así os acordos plenarios e retrasando actuacións importantes para o municipio.
